A produción galega Gordos preseleccionada para os Óscar

Filmanova Invest achegou o 40% do orzamento da película

| Santiago. Redacion | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A segunda película de Daniel Sánchez Arévalo, Gordos é un dos tres títulos para preseleccionados pola Academia Española de Cine para representar a España nos Óscar. O filme contou coa participación de Filmanova Invest, que achegou o 40% do orzamento total da produción, que ascende a tres millóns e medio de euros. A película, que conta a historia dun grupo de persoas con problemas de obesidade que acoden a un terapeuta especializado, chegou as carteleiras esta fin de semana e en dous días conseguiu facerse co cuarto posto do Box Office (398.000 euros e 61.000 espectadores). Mapa dos sons de Tokio de Isabel Coixet, o O baile da victoria de Fernando Trueba son os outros dous títulos que pasaron a primeira peneira. A definitiva, a que escolla a película que represente a España nos Óscars, saberase o vindeiro 29 de setembro.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filmanova, Cine, Tokio

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares