Gordos e Cela 211 centran a presenza galega en Venecia

A película protagonizada por Luís Tosar foi ovacionada trala súa proxección

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Lido acolle estes días a 66 Mostra Internacional de Arte Cinematográfica de Venecia. Nesta edición, e no marco da sección Xornadas dos autores-Días venecianos, haberá dúas coproducións galegas. A primeira delas é Cela 211, un filme carcereiro protagonizado por Luís Tosar e producido por Vaca Films. A película, que recibiu unha forte edición trala súa proxección, contou co apoio do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que acudiu á presentación. O segundo título galego é Gordos, do director Daniel Sánchez Arévalo. O filme producido por Filmanova conta a historia dun grupo de persoas con problemas de obesidade que acoden a un terapeuta especializado.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Tosar, Roberto Varela, Vaca Films, Filmanova...