Factoría exhibe en Shangai as súas liñas de traballo a prol da cultura galega

O proxecto ideado por Concha Fontenla participa na feira SH Contemporary’09

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

Aínda non abriu as súas portas das sedes que terá en Compostela e na Habana, pero Factoría xa comezou a traballar. O proxecto deseñado por Concha Fontenla está estes días en Shangai, no marco da SH Contemporary’09, a feira de arte contemporánea con maior repercusión internacional en Asia. Ana De Matos, Lino Lago, Quintana Martelo, Antía Moure, Manuel e Olaia Sendón son os nomes dos artistas que Factoría presenta en dúas seccións da feira e que serven de carta de presentación dunha das súas liñas de traballo, como é a difusión da arte galega consolidada e a emerxente no exterior.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Sobran as palabras

Sobran as palabras

Percorremos Factoría Compostela, o novo complexo de creación cultural

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Olaia Sendón, Asia, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...