Os escritores Manuel Rivas, Suso de Toro e Víctor Freixanes eo intelectual Isaac Díaz Pardo son alguns dos intelectuais que respaldan as críticas que Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, lle fixo á Xunta sobre o idioma no acto de entrega do Premio Celanova Casa dos Poetas. Así o publica hoxe La Opinión que recolle as declaracións destes intelectuais que coinciden en denunciar que houbo moita manipulación co tema da lingua. Ao mesmo temo, a Real Academia Galega subscribe as declaracións de Barreiro, quen denunciou que o goberno tomou decisións en materia lingüística sen consultarlle. Por outra banda, o xornal El País asegura que o decreto sobre o galego no ensino sufrirá novos atrasos e non estará listo ata finais de ano.
O sector da cultura respalda a postura da Academia sobre o galego
O novo decreto do galego non estará listo ata finais de ano
20 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Manuel Rivas, Suso de Toro, Isaac Díaz Pardo...
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos