Como estaba anunciado, o historiador Xosé Ramón Barreiro tomou posesión onte coma presidente da Real Academia Galega (RAG) logo dunha xuntanza de quince minutos na que só houbo dúas abstencións e un voto en contra da súa candidatura. Barreiro sinalou a súa intención de que a RAG manteña un contacto máis estreito coa sociedade durante este mandato. Neste mesmo sentido, varios académicos pronunciáronse a favor de que esta institución reabra o debate sobre a reforma normativa do galego.
A conexión social
O plenario da RAG celebrado onte só tardou quince minutos en elexir como novo presidente a Xosé Ramón Barreiro. De vintedous académicos que acudiron á xuntanza, dezanove votaron a favor, dous abstivéronse e só un votou en contra da proposta. Estiveron ausentes da xuntanza Domingo García-Sabell, Francisco Ogando e Monseñor Araúxo.
Na súa primeira intervención pública como presidente da RAG, Barreiro tivo palabras de eloxio para o seu antecesor, dicindo que non vai substituír a Del Riego porque Del Riego "é irrepetible".
O novo presidente destacou que "se a Real Academia non é capaz de conectar coas demandas sociais, entrará nun divorcio coa realidade, e iso temos necesariamente que impedilo".
Unha das primeiras tarefas de Barreiro coma presidentes é preparar as actividades do primeiro centenario desta institución, que se celebrará o ano 2005. Segundo el, esta conmemoración "non vai consistir en fastos ou acontecementos, senón en cumprir uns obxectivos marcados a cada unha das seccións". Todas as comisións da Academia e as seccións de lingua, historia e literatura están xa a preparar diferentes actividades e proxectos para esa data.
Nas súas palabras de onte, Barreiro lembrou a importancia que os galegos da emigración tiveron na formación da RAG e agradeceu ós medios de comunicación a atención que lle están a prestar a esta institución e a presencia que lle outorgan dentro da sociedade.
Retomar o debate
As declaracións de Barreiro sobre a apertura da Academia á sociedade coinciden coas valoracións realizadas por varios membros da RAG sobre a necesidade de que esta insitución retome o debate sobre a reforma normativa. A reforma das normas do galego proposta polas tres universidades e o Instituto da Lingua Galega (ILG) foi rexeitada pola RAG o pasado dezasete de novembro, e desde entón numerosos colectivos e persoeiros do mundo da cultura manifestaron o seu apoio a esta proposta.
A inclusión de Manuel González, membro do ILG dentro da nova directiva da Academia, é vista por moitos dos partidarios da reforma como unha porta aberta a que a institución volte debatir este asunto.
Á saída da sesión de onte foron varios os académicos que se pronunciaron a favor de qque está a elaborar a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega ue este debate se reabra proximamente. Así, Xosé Neira Vilas, última incorporación á RAG, sinalou que cre que o debate vaise retomar "nun curto prazo de tempo" e considera esta cuestión unha conta pendente da Academia.De calquera xeito, para el a polémica desatada con esta cuestión "quere dicir que a lingua está viva".
No mesmo sentido, Antón Santamarina, un dos impulsores da reforma e membro numerario da RAG, incidiu nas súas declaracións ós medios na necesidade de que se discuta de novo sobre a reforma. Segundo el, o debate "terase que abrir, con ou sen Barreiro".
O escritor Méndez Ferrín amosouse disposto a aceptar as decisión do pleno da RAG, pero recoñeceu que, de xeito persoal, pensa "que isto non pode quedar así", e o xeógrafo Río Barxa apuntou que "a normativa da concordia son criterios persoais" e que "a min paréceme que é posible que se volte algún día a retomar. Eu desexaría moito que retomaramos outra vez ese camiño para chegar a un acordo".
O presidente saínte, Francisco Fernández del Riego recoñeceu ó respecto que "o problema está aí e haberá que retomalo".
Seminario sobre Politoloxía
O vindeiro mércores dezaseis de xaneiro realizarase unha xornada de debate sobre as conclusións do Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia que está a elaborar a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega en colaboración coa empresa Cidadanía
Esta debate celebrarase na biblioteca do Consello no compostelán Pazo de Raxoi ás catro e media da tarde no marco dun Seminario sobre Politoloxía que se celebrará a porta pechada e na que os técnicos implicados na elaboración deste informe tentarán pór en común as conclusións deste traballo.
O Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia está en proceso de elaboración desde 1996 e considérase coma o maior traballo sobre esta cuestión que se teña realizado en Galicia. O estudio atópase na súa fase final e agárdase a súa vindeira publicación.