Medio cento de actividades compoñen a programación de Caixanova en Vigo

O teatro predomina nas propostas que se desenvolverán ata fin de ano

| Santiago. Redacion | Seccións: Sociedade
Compartir:

Caixanova inicia en Vigo a presentación do seu programa cultural para o último trimestre do ano. A entidade celebra os XXV anos do seu Centro Cultural nesta cidade cunha oferta de cincuenta actividades ata fin de ano. Unha exposición das adquisicións recentes da colección da caixa, teatro a cargo de Teatro do Morcego, Talía, Lagarta Lagarta, Teatro do Noroeste ou concertos de Real Filharmonía e da Sinfónica de Galicia son algúns dos platos desta proposta. As paisaxes holandesas de Gerardo Porto, a representación única da obra Arte ou as obras Desnudos en Central Park ou El otro lado son outras actividades destacadas que se poderán seguir na Cidade Olívica.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O equipo A(AAG)

O equipo A(AAG)

O teatro galego celebra os vinte e cinco anos de profesión cuns premios moi repartidos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Caixanova, Vigo, Lagarta...