O pasado sábado, O Castro, en Sada, recuperaba unha tradición que botara máis de vinte anos perdida. Preto de 15.000 persoas asistiron ao lanzamento dun globo de papel cheo de ar quente que se elevou e se perdeu de vista cara ao mar. O de Sada non é o único destes aerostatos que percorreu Galicia nos meses de verán. Canda ao celebérrimo Globo do San Roque, de Betanzos, tamén en Celanova manteñen este curioso costume.
É obvio que o lanzamento dun globo como xeito de celebración non ten posibilidade de ser unha tradición autóctona. Se temos en conta que os aerostatos de aire quente se popularizaron na Francia do século XIX e que a súa fabricación e lanzamento esixÃan uns certos coñecementos especializados, semella claro que este tipo de elementos tivo que se importar de Francia polas elites galegas da época e que se incorporou a posteriori á celebración popular. Segundo Alfredo Erias, director do Museo das Mariñas e autor dunha investigación sobre o globo de Betanzos, “hai algo misterioso que é saber quen o trouxo. O globo non deixa de ser un elemento tecnolóxico e complexo de facer ao comezo. Unha posibilidade é que entre os relixiosos que fuxiron da Revolución Francesa se trouxese ese coñecemento”.
Betanzos
A apoiar esta tese, entre outros indicios, está o feito de que o primeiro rexistro do lanzamento dun globo en Betanzos data de 1814, con ocasión dunha festa para celebrar a restauración de Fernando VII, protector da tradición relixiosa, no trono Español. “Foi o “9 de maio, con ocasión da festividade de San Fernando”, lembra Erias. Logo desta primeira festa, popularizouse en boa medida o lanzamento de aerostatos en celebracións, pero vencellados sobre todo a festas de carácter polÃtico ou promovidas desde o poder. AsÃ, ao longo de todo o século XIX e comezos do XX atopamos globos para celebrar victorias nas Guerras Carlistas ou para celebrar a voda de Isabel II en 1846. “Lanzáronse moitos en Betanzos e en Galicia, e aÃnda se lanzan en moitas partes do mundo, sobre todo en Brasil”, lembra Erias. Mesmo en Betanzos téñense lanzado con ocasión do Caneiros ou en datas diferentes ao dÃa de San Roque, aÃnda que foi nesta celebración que se asentou.
A evolución da ollada
E é que nalgún momento, os aerostatos deron o salto cara ás festas patronais. No caso de Betanzos, segundo Erias, “o lanzamento faise coma o acto final despois dos fogos de artificio. Para a vila foise constituÃndo coma un sÃmbolo de identidade, e penso que tamén para Galicia”. Se nun primeiro momento o aerostato era un sinal de progreso e todo un elemento cientÃfico, co decorrer dos anos transformouse nun elemento autenticamente retro e artesán que continúa a chamar a atención. E non é para menos, ollar esa masa erguerse entre a multitude carrexando un cesto cargado de fogos de artificio a arder.
Celanova e O Castro
Canda á Betanzos, como vemos, existen outros aerostatos que teñen sobrevivido ata os nosos dÃas. O máis coñecido é o de Celanova, que tamén surca os ceos con ocasión da festa de San Roque. Desta volta, a festa remóntase a 1845, aÃnda que a continuidade da tradición viuse interrumpida en diferentes anos. Os últimos en recuperar esta tradición en Galicia son os veciños do Castro, en Sada. Logo do último aerostato en 1988, a Festa da Queimada desta vila acolleu un novo lanzamento o pasado sábado. Nesta localidade rexÃstrase a tradición desde unha data máis tardÃa, 1963.
A elaboración
En todos os casos que sobreviven os globos, de maior ou menor tamaño, manteñen caracterÃsticas semellantes. Trátase de aerostatos de papel que suben propulsados por aire quente e que na súa superficie amosan cadriños e chistes sobre a actualidade de cada ano. No caso de Betanzos desde 1875, e desde 1987 en Celanova, é a Familia Pita a que se encarga da elaboración artesá do aparello. En Sada, no entanto, a ilustración e deseño do aparello correu a cargo de Rosendo DÃaz, con todo éxito.
É de agarda que a cita de Sada se consolide, ante o éxito logrado este ano. Non serÃa de estrañar que, en vindeiros veráns, vexamos como diferentes localidades recuperan da memoria que tamén nalgún momento se teñen lanzado globos nas festas. É ben posible que, aos poucos, haxa máis ocasións de contemplar o fenómeno aéreo destes aparellos perdéndose no ar ao caer a noite, no marco dunha festa.