Fernando Pereira gaña o premio Manuel Murguía de ensaio con "Raza e alteridade"

Reflexión sobre a raza

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O premio Manuel Murguía de ensaio recaeu no ensaio "Raza e alteridade" de Fernando Pereira na súa III Edición. O libro analiza a diversidade humana na Galicia do século XIX e foi escolleito por unanimidade. O fallo deuse a coñecer onte na sede da Deputación de A Coruña, entidade que convoca este certame.

Pluralidade de enfoques


"Raza e alteridade" destaca, segundo o xurado polo seu grande dominio da biografía e a pluralidade de enfoques historiográficos, aportando un tratamento orixinal e novidoso do tema. O autor, Fernando Pereira, é licenciado en Xeografái e Historia pola Universidade de Santiago, e xa leva publicadas varias obras sobre antropoloxía e arquieoloxías. A obra seleccionouse entre doce orixinais, o seu autor recibirá un millón de pesetas e a publicación do libro por parte da Deputación.




Conferencias



Dentro dos actos previstos con motivo desta III Edición do Manuel Murguía, o rector da Universidade Carlos III, Gregorio Peces-Barba, impartirá o xoves 16 unha conferencia sobre "A Constitución, onte e hoxe" no teatro Colón de A Coruña. O acto será presentado polo catedrático en Historia pola Universidade de Santiago Ramón Villares.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Manuel Murguía, A Coruña, Ramón Villares...