Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa é o tÃtulo da obra coa que MartÃn Fernández Calo se facÃa onte co XII Premio de Ensaio Manuel MurguÃa. A Deputación da Coruña convoca este galardón que recoñece traballos de investigación sobre calquera aspecto do noso paÃs. O xurado, que destacou o rigor e a claridade expositiva da obra, apuntou que "amosa unha profunda e rigorosa análise da institución de prÃncipes na Callaici da Antigüidade, cun amplo marco comparativo no eido xeográfico europeo. É singularmente meritoria dadas as dificultades da interpretación social do rexistro material de época castrexa". Do mesmo xeito, o fallo destaca a "sólida argumentación teórica, grazas á lectura cientÃfica do limitado corpus epigráficos, dun rico abano de clásicos latinos e de copiosas e pertinentes referencias bibliográficas (galegas, españolas e estranxeiras)".
Miguel Anxo Seixas Seoane, Rebeca Baceiredo Pérez, Iria Veiga Ramos, e os gañadores da edición anterior Raúl Sotelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó ademais do deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñiz como secretaria, foron os responsables da selección. O gañador recibirá 6.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada.