O CGAC explora a relación entre libros e arte nos seus fondos

A mostra Memoria suxerida pode verse ata finais de setembro

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:
O CGAC explora a relación entre libros e arte nos seus fondos

Oito obras tiradas dos propios fondos do Centro Galego de Arte Contemporánea compoñen Memoria suxerida, a exposición que se pode ver neste espazo compostelán ata finais de setembro. A proposta, organizada polo Servizo de Actividades e Proxectos Educativos do CGAC, recolle obras de Pedro Cabria, Chema Madoz, Tono Carbajo, Dora García, Jonathan Hernández, Alicia Martín, Marcel Van Eeden e Peter Würthrich.

PEDRO CABRITA REIS
1/8
TONO CARBAJO
2/8
DORA GARCÍA
3/8
JONATHAN HERNÁNDEZ
4/8
CHEMA MADOZ
5/8
ALICIA MARTÍN
6/8
MARCEL VAN EEDEN
7/8
PETER WÜTHRICH
8/8

En todos os casos, as obras destes creadores convidan á reflexión encol da relación entre a arte e mais o libro. Segundo explican Gema Baños e Cristina Trigo no texto de presentación da mostra, "o libro é unha referencia artística constante pero é na arte contemporánea onde alcanza un protagonismo que vai máis aló da súa representación". Do mesmo xeito, advirten que "cada obra de arte é como un libro, ao levar implícita unha narrativa, unha historia que se constrúe coa experiencia que o espectador
proxecta sobre ela ao establecer un diálogo".

Os asistentes á mostra poderán contemplar, asimesmo, unha selección de libros de autor editados polo propio Centro

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)