A BD galega faise un oco na final dos Premios da Crítica

José Domingo e Miguelanxo Prado optan a cadanseu galardón

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

Xa se coñecen os finalistas dos Premios da Crítica que organiza a editorial Dolmen e que recollen a opinión dos principais especialistas do Estado no campo da BD. Nesta edición, a nosa BD está representada por José Domingo, que opta a mellor debuxante pola obra Cuimhne, e mais por Miguelanxo Prado, candidato ao premio a toda unha carreira. A maiores, o álbum As serpes cegas editado pola asociación BD Banda, pode levar o premio a mellor obra, mentres o seu debuxante, Bartolomé Seguí e o guionista Felipe Hernández-Cava teñen tamén opcións en cadansúa categoría. Os galardóns entregaranse o vindeiro 12 de setembro no acto de clausura das Xornadas de Cómic de Avilés.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Cómic, BD Banda

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos