Viñetas desde o Atlántico 2009 entra na recta final con charlas e dedicatorias

Scott McCloud clausura o sábado as conferencias de Viñetas

14/8/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Hoxe no festival de cómic brigantino o premio nacional de cómic Paco Roca falará para o público entre as 18:15 e as 19:30, no segundo andar do céntrico Kiosco Alfonso. Despois tocaralle quenda á inglesa Posy Simmonds, que presentará o seu "Tamara Drew" recén publicado en castelán. Será das 19:45 ás 21:00 horas. Mais non remata aí a actividade.

Mañá sábado será a ocasión de ver o prestixioso Scott McCloud (Boston, 1960), un dos principais teóricos da linguaxe do cómic a nivel internacional. El pechará as conferencias desta XII edición do Salón Internacional Viñetas desde o Atlántico. A cita é ás 18:15 horas, tamén no Kiosco.

A charla de McCloud pon o punto final ás actividades de Viñetas, aínda que, como sempre, as exposicións permanecerán abertas ao público unha semana máis, ata o 24 de agosto.

Ademais mañá sábado, día 15, os autores convidados a esta edición de Viñetas desde o Atlántico asinaranlles aos afeccionados exemplares das súas obras de 12 a 13,30 horas, no Kiosco Alfonso. Aos convidados pola organización súmanse moitos outros creadores que visitan a feira, como foi onte o caso de Manel Cráneo ou Fernando Iglesias.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Fernando Iglesias...