Enrique Vegas, André Juillard, José Fonollosa e Posy Simmonds súmanse a Viñetas

O festival coruñés contará tamén cunha mostra de guionistas americanos

26/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Continúa completándose aos poucos a lista de autores que se achegarán este verán a Viñetas desde o Atlántico. Entre as últimas incorporacións atopamos a Enrique V. Vegas, coñecido polas súas parodias de BDs ou a José Fonollosa, que está a se dar a coñecer pola serie El viaje de Darwin. Canda a eles, chegan as visitas internacionais de André Juillard autor de Diario Azul ou As 7 vidas do gavilán, e de Posy Simmonds, autor de Tamara Drewe e de Gemma Bovery. Estes autores súmanse aos xa anunciados Scott Mc Cloud, Vittorio Giardino, Emma Ríos e Alex Cal. A organización adianta tamén que o programa incluirá unha exposición dedicada a guionistas americanos comisariada con Jaume Vaquer e na que se poderán ver páxinas dos máis recoñecidos autores deste país.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Viñetas desde o Atlántico, Atlántico

Claves

Protagonistas
Lugares