Alex Cal e Vitorio Giardino súmanse a Viñetas desde o Atlántico

A organización está dando a coñecer aos poucos os convidados

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Emma Ríos e Scott McCloud estarán acompañados na vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico. A organización está a facer pública, aos poucos, a lista de convidados no blog http://vinetasatlantico.blogspot.com/. Entre as incorporacións máis recentes atopamos o galego Alex Cal, que achegará unha mostra retrospectiva con mostras do seu traballo para Estados Unidos en North Wind e Spiderman. O outro confirmado é o coñecido italiano Vittorio Giardino, autor da serie As aventuras de Max Fridman, entre outras obras. Nas vindeiras datas agárdanse novas incorporacións.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Emma Ríos, Estados Unidos...