A crise de Dygra impídelle estrear Noite de ¿paz? este Nadal

A empresa está pendente dunha operación financeira para retomar a súa actividade

| | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ía ser a gran estrea do audiovisual galego deste Nadal, pensada para competir na carteleira con outras producións de animación. Noite de ¿paz?, a primeira película de animación realizada en 3D estereoscópico do audiovisual galego, non chegará ás salas de cinema cando estaba previsto. A crise financeira que atravesa a compañía (a metade do plantel que quedou na empresa logo dun ERE temporal acaba de facer público un comunicado no que aseguran levar oito meses sen cobrar) afecta directamente a todos os proxectos que tiña previsto a empresa. Desde o gabinete de prensa de Dygra, ademais de recoñecer a delicada situación, apuntan que está en proceso unha operación financeira na que está implicado o IGAPE e unha entidade financeira galega, que confían lle permita a Dygra retomar en breve a súa actividade.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Sistemas de película

Sistemas de película

A situación estrutural e financeira afoga ás empresas do sector audiovisual galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, Nadal, Animación, Cine...

Claves

Entidades