Dúas películas e un telefilme incorpóranse ás rodaxes de verán

O director de Pradolongo prepara a súa nova longametraxe en Negueira de Muñiz

31/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Alacante, Negueira de Muñiz, Santiago... son algúns dos escenarios nos que estes días se están a rodar novas producións galegas. Ignacio Vilar rodará entre A Fonsagrada e Asturias, a súa nova produción Vilamor, que conta os conflictos dun escritor que regresa á súa localidade natal. Canda este, entre Santiago, Tui, Razo e Vedra estase a rodar O bonito crime do carabineiro, unha comedia negra protagonizada por Manquiña, Toño Casais e César Cambeiro que adapta un conto de Camilo José Cela. Pecha este repaso polas rodaxes das producións galegas, O diario de Carlota, un filme xuvenil que conta as desventuras dunha adolescente de 17 anos. A película, que coproduce Milou Films, estase a rodar en Alacante.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Ignacio Vilar, Comedia, Vedra...

Claves

Conceptos