Dúas producións ródanse en Galicia no medio do parón do sector audiovisual

Silvia Superestar protagoniza o primeiro western galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Se no verán pasado se rodaron preto dunha vintena de producións audiovisuais (entre longametraxes, documentais e curtametraxes), nesta ocasión o panorama é ben diferente. Nestes momentos estase a rodar en Galicia dous traballos: un deles en Gondomar e será o primeiro “western” galego. Chámase Naipe de sangue, está dirixido por José Ballesta e Miguel Anxo Fernández e protagonizado por Eladio Santos e Silvia Superestar. O outro título é As imaxes perdidas, a outra mirada, a última longametraxe de Juan Pinzás que se está a rodar en Vigo, Baiona e Santiago. Nesta ocasión, Pinzás conta coa participación de Paul Naschy e Javier Gurrachaga.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Anxo Fernández, Documentais, Baiona, Vigo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares