O MARCO acolle dous proxectos dos Artistas en Residencia do Centro Dramático

O traballo estará aberto ao público para a súa participación

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O colectivo La Canalla e o compositor Xabier Mariño son dous dos artistas seleccionados no marco do programa Artistas en residencia que organiza anualmente o Centro Dramático Galego (CDG). Os seus proxectos vanse desenvolver este verán en Vigo, nas instalacións do MARCO. O proxecto de La Canalla chámase PlayGround_textil´n progress e reflexiona sobre os materiais téxtiles como elementos xeneradores de espazo. Pola súa banda, o de Xabier Mariño organízase arredor da música pero consistirá nunha instalación que inclúe códigos propios da performance, a videocreación ou a escultura. Cada un dos proxectos terá tres semanas de duración, nas que os artistas abrirán ao público parar amosar as súas claves creativas.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)