A Torre de Hércules deberá contar cun plan de xestión para o 2011

Técnicos de Icomos farán unha inspección o monumento dentro de dous anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Despois das celebracións chega o momento do traballo. Icomos, o organismo asesor da UNESCO en materia de patrimonio, fixo unha serie de recomendacións para a mellora do monumento. En primeiro lugar, a Torre de Hércules deberá contar cun plan de xestión que inclúe desde un proxecto de musealización, un centro de interpretación (que se pretende que sexa a antiga cadea que está xuto enfronte do monumento), crear unha entidade que coordine a atención turística, e amañar o filtrado de auga na fachada. Todas estas medidas han de estar solventadas antes do 2011, data na que os técnicos de Icomos farán unha visita ao monumento para comprobar o seu estado.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Parabéns!

Parabéns!

A Unesco recoñece a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, UNESCO

Claves

Entidades
Conceptos