Unha mostra recupera as Cantigas de Santa María en Murcia

Os catro volumes que se conservan da obra poderán verse a partir do vindeiro outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Murcia acollerá entre o 29 de outubro e o 31 de xaneiro de 2010 a exposición Alfonso X El Sabio, que organiza Caja Mediterráneo, o concello e mais a comunidade autónoma. A iniciativa reunirá por vez primeira os catros exemplares que se conservan destas composicións en galego-portugués, así coma diferentes obras realizadas baixo o mandato deste monarca. Tamén se poderá ver, entre as preto de 200 pezas expostas, a figura de marfil coñecida coma Virxe Abrideira, que se conserva en Allariz.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Murcia, Cantigas de Santa María, Portugués, Allariz...