Un seminario da Fundación Seoane percorre a historia da animación

A cita terá lugar do 7 ao 10 de xullo

22/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A animación fai parte das nosas vidas e é un dos xéneros cinematográficos que está a gañar terreo co paso do tempo. Ademais, é unha ferramenta artística que atrae a atención de especialistas das artes plásticas, a estética, a socioloxía, a política ou a crítica de cine. A súa evolución, desde as orixes de Disney á Warner pasando polo anime xaponés, ata a actualidade será obxecto de análise nun seminario que se desenvolve na Fundación Seoane. Será do 7 ao 10 de xullo e contará coa presenza de Juan Carlos Pena, director de producción de Dygra Films, o historiador Luciano Berriatúa, e Alberto Casal, director de Xabarín Club da TVG, entre outros.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Fundación Seoane, Cine, Xabarín Club...