Só faltaba o informe de Patrimonio para proceder ao traslado do Pazo dos Vales, edificio considerado ben inventariado e que está atrapado entre a sinalización do aeroporto de Alvedro. E o informe chegou a AENA, Aeroportos Españoles e Navegación Aérea, pero é desfavorable e non permite o traslado. Con esta, é a terceira vez que a Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego emite este veredicto. Nesta ocasión o informe alega que o lugar escollido para a reedificación non cumpriría con plan urbanístico vixente. Polo demais, o traslado do pazo xa foi licitado e hai catro empresas que optan a este concurso dotado con máis dun millón de euros.