O Pazo dos Vales trasladarase pedra a pedra ao seu novo emprazamento

Falta que Patrimonio confirme o lugar da colocación definitiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Aos pés do aeroporto de Alvedro está situado o Pazo dos Vales. Un edificio considerado como ben inventariado, que se veu afectado polas obras de ampliación do aeroporto herculino. A día de hoxe, o inmoble resiste entre os sistema de sinalización de Alvedro mentres a Dirección Xeral de Patrimonio establece o novo emprazamento. O traslado realizarase pedra a pedra, custará pouco máis dun millón de euros e ten un período de execución de 13 meses. Existen catro empresas que optan a realizar ese proceso que só está pendente da resolución da Xunta.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio