A Dirección Xeral de Patrimonio emite un informe desfavorable sobre o Plan Xeral de Lugo

Agora Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai dous días falabamos do informe desvaforable da Dirección Xeral de Patrimonio ao Plan Xeral Urbanístico de Vigo e hoxe tócalle ao de Lugo. Cultura acaba de emitir outro informe que alerta das “graves deficiencias” na protección de bens culturais e na falta de claridade nos planos. En total, Cultura cuantifica en 62 o número de elementos para os que o Plan Xeral non establece protección ningunha, ademais de alertar sobre a escasa protección do Camiño Primitivo e de Santa Eulalia de Bóveda, Monumento Nacional desde os anos trinta.

Máis información en La Voz de Galicia, no web da Consellaría de Cultura e sobre o problema co PXOM de Vigo nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Dirección Xeral de Patrimonio, Vigo, Primitivo...