A Festa do Circo despídese do público na súa décima edición

Foi o xermolo de iniciativas deste xénero como Pista Catro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai dez anos, un grupo de afeccionados ao circo decidiu xuntarse para facer un espectáculo diante dos amigos. Así naceu a primeira Festa do Circo. O encontro foi medrando en número de participantes, de público e foi o xermolo do que saíron numerosos grupos entre os que destaca Pista Catro. Esta fin de semana celebra a décima e última edición cun repaso aos espectáculos que se exhiberon nesta década. Os seus organizadores decidiron non continuar co encontro para dar paso a novas iniciativas e proxectos. A Festa do Circo, que se desenvolve na Sala Nasa de xoves a domingo, contará coa presenza de grupos como Circabaret, do Circo Rumano, do Freak Show, o Circo Global, o Hincrible Circo Favuloso, o Circo TV e o Circo Mafia que recuperarán algúns dos espectáculos presentados na feira nestes últimos anos.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha ración de circo

Unha ración de circo

Cinco compañías de novo circo xuntan o seu traballo como peche da Feira das Artes Escénicas

O noso circo do sol

O noso circo do sol

Unha festa repasa a traxectoria dos dez anos de novo circo en Galicia

O circo pide pista

O circo pide pista

Música, humor e malabares en Ringo Rango o último espectáculo de Pisca Catro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Xénero, Feira, Sala Nasa

Claves

Entidades