
AutorÃa: creación colectiva
Produción: Asociación de Novo Circo Pistacinco
Elenco: Pablo Reboleiro, Alfredo Pérez MuÃños, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Raquel Oitavén, Mercé Solé, Sue Moreno, Alfonso Medina, Aitor Garuz, Vanesa Rivas, Yolanda Paz
Circo á feira é unha degustación do que se coce no caldeiro do Novo Circo Galego, un espectáculo que reúne extractos de cinco producións de compañÃas galegas: aéreos, acrobacias, clown, teatro e malabares xuntos nun dispositivo escénico contemporáneo.
Duelirium, Aviadoras. Acrobacias aéreas artelladas para contar a historia de dúas mulleres excepcionais, a norteamericana Tiny Broadwick e a soviética Marina Raskova.
Almacabra, Nas nubes. Proposta visual e poética, dirixida a un público familiar, na que se combinan acrobacias aéreas, malabares, zancos e manipulación de obxectos.
Lusco e Fusco, Encontros (teatro acrobático). Espectáculo multidisciplinario no que o teatro fÃsico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión.
Arrepentimentos de Padrón, ADN (teatro fÃsico-cientÃfico). Proxecto dun espectáculo de teatro que mestura a interpretación de dous actores coa proxección audiovisual para narrar unha historia dramática cos recursos cómicos do clown.
Roces e Goces, Roces e Goces (clown malabarÃstico) ao máis puro estilo de rasca e pica e con diferentes habilidades circenses. Estes dous clowns pasados de rosca fan da violencia unha brincadeira.