Novos roteiros para a memoria

A mostra A memoria do mar inicia a súa segunda singradura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Logo do éxito que acadou a súa primeira itinerancia, a exposición A memoria do mar, do Museo do Mar de Galicia, volta aos nosos portos. A exposición está organizada en tres bloques temáticos, Cos pés no mar, centrado en imaxes da costa, Do areal ao peirao, que amosa a evolución das praias, e mais O mar mirado, que se centra nas imaxes do propio mar. Cada unha das partes itinerará ao longo dos vindeiros meses por diferentes localidades costeiras que non visitou con anterioridade, adaptando os seus contidos a cada etapa. A Guarda, Malpica e Cambados inician o percorrido. Achegámosche algunhas das imaxes da mostra e mais os folletos que explican a exposición e as súas paradas.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A Idade Media en Imaxes

A Idade Media en Imaxes

A mostra Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia permítenos entender o noso Medievo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Mar de Galicia, Malpica, Cambados, A Guarda