Resumir a Idade Media galega en doce imaxes é algo complexo. No entanto, facemos a tentativa, da man de Sabela Pato, comisaria da exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia. Esta mostra, que fechou o pasado domingo en Ourense e que inicia agora a súa itinerancia, fai un percorrido por esta época a partir deste condado. Como complemento, e tirado da mesma mostra, achegámoste unha completa cronoloxía que che guiará a través deses séculos.
A exposición trata, entre outras cuestións, a importancia política de Galicia coma reino na configuración política da Península medieval, a loita entre os nobres e a monarquía polo poder ou a importancia dos dominios nobiliarios. As conexións atlánticas do país, o comercio, o monacato ou a decadencia das liñaxes nobles galegas son outros ámbitos que se poden comprender mellor achegándose esta proposta.
Para alén de compilar pezas, a exposición supuxo un importante traballo de investigación así coma a elaboración de materiais coma mapas ou cronoloxías de grande interese para coñecer a nosa Historia. Segundo explica Pato, “aínda que hai moitas investigacións sobre a Galicia da época e se introducen referencias nos libros de texto, o certo é que punto de vista sobre a Idade Media continúa sendo o paradigma da reconquista e da repoboación. Entón esta imaxe exemplifica que aínda carecemos de elementos básicos para a investigación histórica desta época, coma cronoloxías mapas e diagramas. E cando se queren para unha exposición ou un evento deste tipo, teñen que ser elaborados ex-novo”.
Logo de rematar en Ourense, a mostra comezará esta primavera a súa andaina en Monforte amosando todas as súas pezas orixinais. A posteriori, boa parte dos contidos da mesma servirán de base para o futuro centro de interpretación que se instalará na torre da vila de Lemos. O proxecto, que reuniu unha ampla selección de pezas orixinais da nosa Idade Media, contou co comisariado de Anselmo López Carreira e de Sabela Pato, e montouse co apoio da Dirección Xeral de Turismo e mais do Xacobeo, ademais da colaboración do Concello de Monforte.