TVG adía a decisión de emitir o documental sobre as vacas tolas

Filmanova afirma non ter nada que ver coa aparición do vídeo en Youtube

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foron as “razóns de responsabilidade social” as que obrigaron á nova dirección de Televisión de Galicia a adiar a emisión do capítulo da serie A Caixa Negra que lembraba o mal das vacas tolas. Así o afirmaron nun ambiguo comunicado no que aseguraron que a serie recuperará o seu horario normal de emisión o vindeiro martes. O que non aclaran desde o gabinete de prensa da TVG é se se emitirá o documental censurado ou se continuará coas outras entregas desta serie composta por 13 capítulos. Pero o vídeo xa está ao dispor dos usuarios desde onte en Youtube. Filmanova, a produtora da serie, asegura non ter nada que ver coa aparición dese video no coñecido portal.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, TVG, Filmanova, Televisión de Galicia...