Finaliza a primeira temporada do ciclo Sen batuta

Ourense acollerá a partir de setembro a segunda temporada de concertos de cámara

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Cuarteto Quiroga fecha hoxe a primeira edición de Sen batuta, o ciclo de música de cámara que se celebra desde o pasado mes de setembro en Ourense. Con ocasión deste feche, Cibrán Sierra, coordinador do evento, adiantou que a segunda edición do ciclo desenvolverase entre o vindeiro tres de setembro e o 4 de xuño de 2010. Entre outros, está previsto que actúen na Cidade das Burgas formacións coma o Callino Quartet, didier Henry & Anne Lebozec, o Trío Ravinia, ou os artistas Vladimir Mendelssohn, Alain Mournier e Riner Schmidt.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cidade das Burgas

Claves