Os internautas escollerán os grupos noveis do Festival de Ortigueira

Os seleccionados actuarán no escenario Runas

1/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

As tres bandas máis votadas polos internautas serán as protagonistas do escenario Runas, destinado a grupos noveis, no vindeiro Festival de Ortigueira. Os interesados en actuar neste veterán evento teñen ata o vindeiro dez de xuño para remitirlle a organización 3 temas en MP3, dos que cando menos un ten que ser propio. Un comité da organización fará unha primeira selección de dez grupos aos que poderá votar entre o 15 e o 30 de xuño. Os tres seleccionados abrirán o festival o día nove de xullo e recibirán 1.000 euros cada un. É a primeira vez que se opta por este sistema para escoller os grupos deste escenario.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Ortigueira, Ortigueira

Claves

Lugares