Quince novos grupos de toda a península optan a abrir o Festival de Ortigueira no escenario Runas

A polo Runas!

1/6/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
A dirección artística do Festival de Ortigueira ven de facer públicos os nomes dos quince grupos finalistas do Proxecto Runas'07, destinado a dar a coñecer os traballos de novos grupos folk da península ibérica. Os elixidos SeteSaias, Bauma, Neirela, La Conjura, A Compañía do ruído, Ophiusa, A Gramalleira, Crema da gaita, Balakandra, Landú, bOnOvO, La jambre, Boys of the hills, Balbarda e Monte Lunai. Só cinco deles serán escollidos para actuar este ano no festival máis multitudinario do Estado. Un xurado, integrado por críticos musicais, deberá facer agora esa escolla dos grupos que abrirán o Festival a noite do 5 de xullo. Como novidade este ano, os internautas converteranse nun membro máis do xurado, podendo escoitar e votar en liña polos seus grupos preferidos a través do sitio web do festival.

Máis información no Festival de Ortigueira

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ortigueira, Festival de Ortigueira, Folk, Península Ibérica

Claves

Conceptos