Sete Saias, Crema de Gaita e Bonovo abrirán o festival de Ortigueira no escenario Runas

As Runas primeiro

19/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Un xurado e mais os votos de 19.000 persoas decidiron os grupos que van participar no festival Runas, co que abre o xoves 5 de xullo o festival de Ortigueira. Os galegos Sete Saias, Crema de Gaita e Bonovo canda ao grupo castelán Balbarda e ao andaluz La Jambre foron os escolleitos. Nos días seguintes poderán verse tamén artistas coma Flook, Kepa Junquera ou Milladoiro entre outros.

Máis información no web do Festival, en Diario de Ferrol e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ortigueira, Festival de Ortigueira, Culturagalega, Milladoiro