Comeza en Ferrol o encontro de cantareiras "O son dos antergos"

Os antergos cantan

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ferrol acolle por noveno ano consecutivo o encontro de cantareiras que organiza a Agrupación Folclórica e Cultural Terra Meiga. Nesta edición, ademais de varias agrupacións galegas, está convidado un grupo folclórico cántabro. Ademais das actuacións, está programada unha mesa redonda e un encontro de asociacións.

Encontro

Catro agrupacións de canto e baile tradicional atoparanse esta fin de semana no recinto da Feira de Mostras do Noroeste en Ferrol convocadas pola Agrupación Folclórica e Cultural Terra Meiga da Cidade Departamental. O encontro comezará o sábado ás oito da tarde, e servirá de presentación para os grupos, que neste caso son Brincadeira, de Santiago, Alende, das Pontes, e Terra Meiga. O grupo cántabro Santa Justa, convidado nesta edición, actuará no recinto o sábado.


Mesa redonda e historia

As actividades relacionadas coa música tradicional comezan mañá mesmo coa celebración dunha mesa redonda na que participan interantes das formacións convidadas, na que se discutirá a actualidade das formacións de canto e danza tradicional e as súas perspectivas de futuro. "O son dos antergos" vense celebrando desde 1993, ano en que a Agrupación Terra Meiga cumpriu vintecinco anos de existencia. A cada un dos encontros é convidado un grupo de fóra de Galicia que intercambia experiencias e coñecementos cos que acoden desde a Terra.

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Asociacións, Feira, Danza

Claves

Lugares