Derradeira sesión

Manuel Sendón leva á casa da Parra as imaxes sobre os cines que desapareceron

19/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Nos anos setenta comezou a decadencia dos cines. O peche dos cines foi imparable e, con eles o morreu o cine como espectáculo colectivo. Cando o cine entrou nas casas, as salas foron convertidas en supermercados, discotecas, tendas multimarca ou vivendas. Os que conseguiron o sobrevivir están reducidos a ruinas. Manuel Sendón desenvolveu un proxecto de recuperalos en fotografías de gran tamaño, montadas en cartón con remaches como os antigos carteis de cine. Acompañado do documental Os fabulosos irmáns da luz elaborado por Olaia Sendón, a exposición abre hoxe as súas portas. Co título A derradeira sesión a casa da Parra acolle esta exposición que estará aberta ata o 10 de xullo.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Manuel Sendón, Olaia Sendón, Espectáculo...