O Festival Mozart da Coruña chega ó seu apoxeo cunha obra do compositor que lle dá nome. "A flauta máxica" chega hoxe ó Palacio da Ópera da Coruña nunha imaxinativa versión realizada por Els Comediants. Mentres, comezan as actuacións do Revoltallo de Maquetas Cidade de Vigo. E en Compostela a Real FilharmonÃa interpreta a Bizet, Lalo e Rimsky-Korsakov ó mesmo tempo que os portugeses Gaiteiros de Lisboa pechan o ciclo "Tribos Ibéricas" no auditorio da Universidade.
Soa a flauta
A agardada estrea de "A frauta máxica" de Mozart na Coruña será esta mesma noite. A obra, representada pola compañÃa catalá "El Comediants" con música da Orquestra Sinfónica de Galicia, conta con máis de oitenta actores e unha escenografÃa espectacular que inclúe elaborados traxes de animais. Segundo Sara Tibau, coordinadora artÃstica do proxecto, nesta versión da obra destácase o personaxe de Papageno coma representante da vitalidade en contraposición do mmisticismo dos prÃncipes Tamino e Pamina. Els Comediants elminaron da obra moitas das referencias masónicas que introducira Mozart na escenografÃa, e reprsentarán a obra con subtÃtulos en castelán, que irán pasando por unha pantalla próxima ó escenario.
Ó revoltallo
A Sala Nova Olimpia acolle hoxe as actuacións que dan comezo á última fase do I Revoltallo de Maquetas Cidade de Vigo. Este certame, no que compiten doce grupos nos apartados de jazz, fusión, metal e rock sinfónico/progresivo, pretende promocionar os novos grupos de rock galegos. Entre esta noite e o catorce de xuño realizaranse as actuacións dos grupos seleccionados entre as catorce maquetas que se presentaron ó certame. Esta noite será a do jazz e da fusión, a cargo dos grupos Swinda Bombo, Troba Urbana, Garlics e N.S.. Para a vindeira semana serán Knock Out, Inmacula Mortem, Fallen Sentinel e Midgard os que porán sons de metal na noite. A última xornada, dedicada ó rock sinfónico e progresivo, contará coa presencia de Otro Juego de Té, Dejá Vu, Morbeys e Supervudú.
Clásicos e gaiteiros
A Real FillharmonÃa interpretará esta noite no Auditorio de Galicia unha selección de pezas de Bizet, de Edouard Lalo e de Rimsky-Korsakov. "Carmen", o celebérrimo tema de Bizet estará interepretado nesta ocasión polo tenor Manuel Cid, a mezzosoprano Inés Zikou e o barÃtono José Luis Vázquez. Pola súa bnda, Rimsky-Korsakov estará representado polo seu "Capricho Español" e Edouard Lalo por obertura de "O barbeiro de Sevilla" e pola "SinfonÃa Española en Re Menor". Tamén esta mesma noite o grupo Gaiteiros de Lisboa pecha o segundo ciclo Tribos Ibéricas no Auditorio da Universidade. Este grupo, que destaca pola súa constante experimentación a partir da música popular portuguesa interpretará unha selección de temas do seu último álbum, levando ó directo a forza das percusións tradicionais portuguesas apoiadas por varios instrumentos de creación propia.