Como en cada verán achégase unha enchenta de concertos. Para ir abrindo boca, esta mesma semana temos música española, lusoafricana e galega por boa parte da xeografías. Os nomes de Manolo García, Pedro Guerra, Cesárea Évora e João Afonso destacan entre as opcións musicais.
Españois
O pop español e a música de autor será a máis tocada nos concertos dos vindeiros días. As Festas da Ascensión de Compostela concentran a grupos coma Los Girasoules, El Canto del Loco e Piratas abrirán esta mesma noite a programación das festas nun concerto conxunto que terá lugar ás dez no Multiusos do Sar. O espectáculo, organizado poloa Cadena40 será gratuíto previa retirada de invitación nas oficinas de turismo. Tamén é español o prato forte destes concertos, o coñecido Manolo García, que recalará mañá na cidade na xira de presentación do último disco. Será mañá ás dez, e o prezo da entrada é de 2.300 pesetas en taquilla. Para o venres o cantante actuará no Coliseo da Coruña. Tamén o concerto de peche destas festas está a cargo dun músico español, neste caso o cantautor Javier Álvarez, que tocará o día vintesete na praza do toural. Outro cantautor que anda estes días por Galicia é o canario Pedro Guerra, que toca esta mesma noite no Teatro Principal de Pontevedra e se achegará a Compostela a mediados do verán.
Lusoafricanos
As dúas grandes estrelas do firmamento musical lusoafricano chegan a Galicia case na mesma semana. O mozambicano João Afonso estará mañá no teatro Rosalía de Castro da Coruña presentando o seu último disco "Barco Voador". Desde a Radio Galega emitirase ás sete desta mesma tarde un directo do cantautor radicado en Portugal. Pola súa banda a diva dos pés descalzos, acantante caboverdiana Cesárea Évora, tomará o relevo de João no Rosalía de Casttro o vindeiro día cinco de maio, para visitar nos seguintes dous días Compostela e Vigo. Nesta xira Cesárea presenta o seu novo traballo São Vicente di Longe. As tres cidades galegas son as únicas, con Madrid e Barcelona, que reciben a esta cantante no territorio do Estado Español.
Galegos
O primeiro concerto en perspectiva dun artista galego esta incluido tamén no marco das Festas da Ascensión de Compostela. Trátase da gaiterira Cristina Pato que presentará mañá na praza do Toural o seu último disco "Xilento". Para a fin de semana segue o ton folk da festa coa actuación do grupo Cempés o sábado en Vila de Cruces. O mesmo día o son bravú de Ruxe Ruxe soará na mesma vila. Os dous grupos presentarán os seus respectivos últimos traballos, "Circo Montecuruto" e "Non temos medo".