A Coruña acolle o ciclo Escrita(s), sobre textos e superficies

Distintos autores reflexionarán sobre a creación na Galería Sargadelos

13/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un ciclo de conferencias que chama a reflexionar sobre "a complexidade dos diferentes textos e superficies onde quedan rexistradas as repeticións e as diferenzas de producir relación co Mundo". Escrita(s), sobre textos e superficies achegará á Galería Sargadelos da Coruña a Xiana Arias, Oriana Méndez, Ana Salgado ou Roi Vidal, que tratarán ámbitos coma o artefacto, a poesía con vontade comunal das últimas décadas, a estrutura relacional da blogosfera ou a estética do teatro contemporáneo. Entre as propostas inclúese a performance Coma un can sen dono: escrita curricular a cargo de Rober Bass e Leo. Os actos celébranse cada xoves ás oito da tarde ata o vindeiro 18 de xuño na sala da Rúa Real 56.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Galería, Sargadelos, Galería Sargadelos...