Son autores activos en galego pero que posúen a peculiaridade común de residiren fóra do noso país. Baixo o epígrafe de A-fóra(s), a Galería Sargadelos da Coruña reúne desde hoxe e ata o vindeiro 12 de agosto cradores coma Raida Rodríguez, Eva Méndez do Roxo, Carles-Lluís Pallarés, Xavier Queipo, Samuel Solleiro ou Martín Vega. En distintas xornadas, os participantes lerán fragmentos da súa obra e falarán sobre a súa experiencia e a súa relación coa lingua.

