Un libro, un CD e diversos concertos enchen de música toda Galicia

Variedades

A Ópera de Cámara de Varsovia, a filharmónica de Silesia e a fillharmonía de Bucarest son algúns dos protagonistas musicais que estes días enchen os carteis por toda Galicia. Un panorama eminentemente clásico onde Haydn, Grieg e Mozart son os principais protagonistas.

Actos de homenaxe



A Sociedade Filharmónica de Ferrol está de aniversario. E festéxao cun programa de actos doble: por unha banda a presentación dun libro, e pola outra a dun concerto. O volume leva por título "Semblanza e imaxes da Sociedade Filharmónica Ferrolana" e foi escrito por José Naya Díaz. Con el chégase ó número 10 da colección "Ferrol en tempo de Historia". O acto completarase cun concerto da orquestra de cámara do Conservatorio de Música do Ferrol, dirixido por Serxio Añón Lijó e que interpretarán diversas pezas de Rachmaninoff.












Compostela musical



Chegou a Galicia no 92, e con tan só 17 anos aprobou unhas oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia. Chámase Mijail Moriatv, é violinista e acaba de editar "Aire fresco", un CD que mestura composicións clásicas rusas con muiñeiras. E tamén en Compostela o pianista Humberto Guagliata ofrecerá esta noite un concerto gratuito no Auditorio da Universidade, no que interpretará obras de Falla, Mompou Prieto, Tomás Marco, Colome, Daniel Stefani e Manuel Balboa.




Outros concertos en múltiples lugares


Vigo acolle esta noite o concerto da Ópera de Cámara de Varsovia no Centro Cultural Caixanova. Un concerto no que se interpretarán pezas de "A flauta máxica" (KV 620) de Wolfgang Amadeus Mozart, en versión orixinal en alemán e libreto de Emanuel Schikaneder.
E no Grove, a filharmónica de Bucarest ofrece ás 20:30 na Igrexa de San Martiño un concerto. Caixanova e o Concello do Grove patrocinan un evento que inclúe pezas de Haydn, Grieg e de Salieri.