Piñeiro a falar de Pedrayo

O Consello da Cultura edita as conferencias de Piñeiro sobre o patriarca de Trasalba

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Son dous dos nomes fundamentais da nosa cultura. Ramón Piñeiro, homenaxeado este ano no Día das Letras, desenvolveu ao longo da súa carreira unha serie de conferencias e discursos encol de Ramón Otero Pedrayo. Agora, o Consello da Cultura Galega publica nun volume as intervencións de Piñeiro encol do mestre de Trasalba nunha edición limitada que inclúe un CD no que se pode escoitar o propio autor falando sobre Pedrayo. Unha iniciativa máis que se suma ás homenaxes ao que foi primeiro presidente do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Consello da Cultura Galega