O Mundo Celta de Ortigueira chega este ano máis internacional que nunca

Interfolc

Oito países farán que o Festival do Mundo Celta de Ortigueira sexa este ano máis internacional que nunca. Dous escenarios, unha modalidade inaugurada o ano anterior, un chill out e un novo servicio de consignas son as principais novidades para este festival que terá lugar do 13 ó 15 de xullo.

Novidades



Este ano o festival celta preséntase con novidades con respecto ó ano pasado. Unhas pequenas modificacións coas que a organización espera que este ano se batan récords de participación. O ano pasado a vila de Ortigueira multiplicou por 29 o número de habitantes durante o festival, pasando en tres días do 17.000 ós 50.000. As pricipais novidades desta vez son as de organizar unha sesión Chill Out que comezará cando rematen as actuacións principais. Esto terá lugar na discoteca habitual, coa novidade de que este ano cobrarase entrada. Nesta mesma discoteca terá lugar o servicio de consigna, que terá un horario adaptado á demanda. Polo demais haberá o tradicional paseo de bandas de música pola localidade, e a acampada libre no piñeiral de Morouzos.












Programa principal



O programa de actuacións que terá lugar no escenario principal xa está cerrado. As actuacións comezan o venres cos grupos Kalman Balogh& the Gipsy Cimablon Band, de Hungría; Väsen, de Suecia; Tejedor de Asturias e a galega Mercedes Peón. Tras este entrante, o sábado terá lugar o plato forte. Sobre o escenario principal estarán os irlandeses Sharon Shannon de Irlanda, os galegos de Fía na Roca e Luar na Lubre o os vascos de Oskorri. A clausura terá lugar o domingo cos canadianos La Bottine Souriane, La Bruja gata de Madrid e Na lúa cos seus convidados.




Escenario Runas


O escenario Runas, considerado como unha especie de trampolín e un entrante para as actuacións fortes do festival, non ten aínda o seu programa moi definido. Sábese que haberá tres grupos o sábado e outros tres o venres e que actuarán a partires das seis da tarde.