Amparanoia e Mercedes Peón abren esta noite o Félix Rock en Pontevedra

De gatos

Durante tres días seguidos os amantes do pop e do rock contemporáneo teñen unha cita no Praza de Touros de Pontevedra. É o Félix Rock, que promete converterse no referente musical para esta fin de semana. O Félix Rock comeza moi cabaleiroso e, por iso, as mulleres inauguran o "Galician Rock´n´roll Festival".

Iniciamos


A banda de Amparo Sánchez, ou Amparanoia, e Mercedes Peón son as encargadas de abrir esta noite a nova edición do Félix Rock en Pontevedra. Unha cita coa música rock e pop que leva xa varios anos traendo a Pontevedra un cartel de luxo. E o programa de hoxe non é máis que un aperitivo para os que xa pagaron as 4.000 pesetas que custa o bono para os tres días de espectáculo. A entrada dos concertos para un só día custa 2.500 pesetas e en taquilla 2.900. As localidades están á venta nas tendas Tipo, Bits e Vázquez Lescaille.












E seguimos



E o festival continúa mañá con Tonino Carotone, Cristina Pato, "Sexy Sadie", "Los Planetas", "Ariel Rot" e "Melón diesel". Un cartel de luxo Un cartel de luxo ó que lle segue o sábado "Sugarless", "Sin city six", "The Dismal", "la puta Opepé", "El payo malo", "Sober", "Solo los solo" y "La cabra mecánica". Un programa que organiza a Empresa Planta Baixa Produccións e que contou este ano cun presuposto de 25 millóns de pesetas.




Máis que música



O Félix Rock naceu hai seis anos en Mougás co obxectivo de sumarse ós macrofestivais que proliferaban na xeografía española. Desde a súa segunda edición celebrouse en Vigo, e cando se esperaba que fose a súa sé definitiva, chegou o 2000 e non houbo Félix Rock por falta de financiamento. Este ano, a falta de infraestructura na cidade, as fortes críticas recibidas e a falta de apoio municipal fixo que o festival se trasladase a Pontevedra.