Galicia celebra bailando o Día Mundial de Danza

A mensaxe deste ano leva por lema “O futuro da danza radica nas persoas que non bailan”

28/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hai dúas clases de persoas: os que simplemente non aprenderon a bailar e aqueles que pensan que non poden bailar. Así o establece o coreógrafo británico Akram Kham, que é o encargado da mensaxe oficial do Día Internacional da Danza promovida pola UNESCO cada 29 de abril e que este ano ten por lema “O futuro da danza radica nas persoas que non bailan”. Por iso, o Día da Danza deste ano dedícase á danza integradora, é dicir, a incluír a todos os membros da sociedade nos cursos e nas actuacións escénicas. E Galicia vaino celebrar bailando, desde o Teatro Principal de Ourense acollerá as últimas funcións de Xiseliña ata Carballo, que celebra funcións espaciais no marco de Primaveraendanza.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Teatro Principal de Ourense, UNESCO...