A Orquestra Sinfónica prepara as actividades para o seu X aniversario

Preparando un aniversario clásico

Vai faltando menos para 2002, e a Orquestra Sinfónica de Galicia vai preparando as celebracións para o que será o seu décimo aniversario, o vindeiro mes de maio. Máis concertos, a gravación dun disco, actuacións con outras formacións, un repertorio renovado e a presencia de grandes estrelas da música clásica no Palacio da Ópera da Coruña son algúns dos actos programados.

Novo repertorio e máis concertos


Preparándose para o aniversario, a Orquestra vén de ultimar unha renovación do seu repertorio. Así, nesta tempada das corenta e sete composicións que intrepretará, trinta e unha non foran interpretadas antes pola agrupación. Ademais, esta tempada interpretarán máis concertos no Teatro da Ópera da Coruña, nada menos que vintedous divididos nos ciclos de outono, inverno e primavera. Ademais, os músicos realizarán diferentes xiras por localidades coma Santiago, Compostela, Vigo ou Madrid, que visitarán o vindeiros día vintesete en compañía do pianista Kristian Zimerman. Precisamente será con Zimerman con quen a orquestra abra, o vintesesis de setembro, a súa tempada na Coruña. A orquestra galega será a única coa que o pianista actúe no Estado Español. Para pechar a tempada interpretarase a "Sinfónica Número 6" de Mahler o día un de maio, dirixida por Jesús López Covos.













Soprando as candeas



Será precisamente durante a primeira quincena de maio cando se concentren os actos de celebración do X Aniversario. Entre as actividades previstas inclúese unha actuación do Orfeón Donostiarra e un concerto didáctico para nenos no que intervirá o músico, actor e presentador Emilio Aragón. A publicación de libros e a gravación de discos teñen aínda a súa data por confirmar.




Convidados



As formacións convidadas para esta tempada son a Xoven Orquestra Sinfónica, a Real Filharmonía de Galicia, o Concerto de Köln e a Orquestra de Cámara de Noruega. Entre os directores que se achegarán á Coruña están Jesús López Cobos, Ton Koopman, Josep Pons, Ari Rasilainen ou Tamas Vasary. en canto a solistas, poderá verse no Palacio da Ópera a soprano María Bayo, a mezzosoprano Amanda Roocroft ou o barítono Anthony Michaels Moore.