Un encontro analiza a presenza das mulleres na literatura

As xornadas comezan o 24 de abril cunha conferencia de María Reimóndez

21/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

“Por min e polas miñas compañeiras. Visibilidades e invisibilidades das escritoras en Galicia”é o título da conferencia de María Reimóndez coa que abre o encontro Mulleres na Literatura. Unha cita organizada polo Concello da Coruña que comezará o vindeiro 24 de abril. Despois, as conferencias pretenden analizar a figura das mulleres dentro da literatura galega. A xornalista francesa Elena Poniatowska, a narradora e poeta Marilar Aleixandre e a escritora Teresa Moure serán algunhas das convidadas a estas xornadas que celebran a súa segunda edición e se celebrarán na sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, número 11).

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Literatura, María Reimóndez, Teresa Moure...