Mini e Mero reciben o Pedrón de Ouro 2009

O Pedrón de Honra foi para filóloga a romanesa Mariana Ploae-Hanganu

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O traballo de recuperacíon da cultura tradicional que desenvolven os músicos Mini e Mero valeulles o recoñecemento da Fundación Pedrón de Ouro. Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas comezaron o seu traballo de recollida de patrimonio oral hai preto de corenta anos, e apuntaron que co Pedrón de Ouro que reciben "tamén se lle está a dar a moitas persoas' que desenvolven tarefas similares 'en silencio'. Ao tempo, a Fundación acordou outorgarlle o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu polo seu traballo de difusión da nosa lingua e literatura no seu país.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Literatura, Fundación Pedrón de Ouro