O premio Blanco Amor de Novela, un dos máis prestixiosos do paÃs, xa ten gañador na súa edición deste ano. LuÃs Rei, coa obra Monte Louro, impúxose entre as 25 obras recibidas. O gañador leva como premio 12.000 euros e mais a vindeira publicación da obra. Monte Louro é unha longa obra, de perto de catrocentas páxinas, que transcorre entre Muros, Barcelona e Arxentina desde os anos corenta ata a actualidade e na que se pescuda a biografÃa dun personaxe ficticio. O xurado valorou a profundidade psicolóxica dos personaxes, o realismo dos diálogos ou o xeito en que se tratan grandes cuestións do ser humano.