Os tribunais desestiman o recurso da familia contra Dionisio Pereira

A familia só pode recorrer a decisión perante o Tribunal Constitucional

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os tribunais desestiman o recurso da familia contra Dionisio Pereira

Dioniso Pereira é un historiador que fixo un traballo de investigación sobre a represión no franquismo. O seu estudo foi denunciado hai dous anos pola familia dun ex-alcalde falanxista de Cerdedo ao considerar que atentaba contra a súa honra. Despois de que o Xulgado da Estrada xa o absolvera en primeira instancia, a familia recorreu perante a Audiencia Provincial. Esta entidade acaba de desestimar o recurso alegando, segundo publica hoxe Vieiros, que o dereito de investigación prevalece sobre o da honra. A familia denunciante, que terá que pagar as costas do xuízo, só pode apelar ao Tribunal Constitucional.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dionisio Pereira, Franquismo, Vieiros, Cerdedo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares