Preséntase o primeiro volume do Atlas arqueolóxico de Galicia

De xeito palalelo, publícase o catálogo sobre actuacións arqueolóxicas 2007

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Os restos da Comarca de Fisterra protagonizan o primeiro volume do Atlas arqueolóxico de Galicia. A Dirección Xeral de Patrimonio anunciaba esta mañá o lanzamento da obra, que recolle información sobre 188 depósitos situados nos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. A serie que agora se abre quere contribuír tanto ao coñecemento do público xeral como servir de ferramenta para futuras investigacións. É por isto que inclúe completos mapas coa localización dos depósitos canda a artigos que explican as investigacións desenvolvidas. De xeito paralelo, Patrimonio publicou tamén o catálogo que recolle as actuacións arqueolóxicas que se fixeron no país ao longo de 2007. As publicacións están dispoñibles no web Patrimonio.org

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Tesouros que fican no mar

Tesouros que fican no mar

Os achados en Rande e Corcubión consolidan a importancia do noso patrimonio mergullado

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fisterra, Dirección Xeral de Patrimonio, Cee, Muxía...